Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

Unha maneira de facer Europa

Liña de actuación 14

PLAN TALENTO LALÍN

NECESIDADES

O ‘Plan Talento Lalín’ pretende abordar unha serie de actuacións que contribúan ao desenvolvemento, establecemento e permanencia (e potencial retorno) do talento endóxeno do concello de Lalín, contribuíndo así a paliar a problemática (compartida con toda a Galicia interior) do progresivo despoboamento do concello. Así, buscarase solucionar os seguintes problemas:

OBXECTIVOS

O conxunto de actuacións desta operación pivotará en dous eixos principais:

  • Fomento do talento de Lalín: programa para a mocidade estudantil ou ao inicio dun proceso emprendedor que permita aos perfís seleccionados obter apoios adicionais para un óptimo desenvolvemento educativo no ámbito do emprendemento mediante actividades formativas e de asesoramento na materia, e mesmo achegamento a potenciais investidores.

  • Fortalecemento do talento de Lalín: programa de apoio durante os primeiros anos de actividade aos emprendedores locais en materia innovadora dentro dos sectores estratéxicos para o futuro local de Lalín. As iniciativas de apoio a desenvolver estarán dirixidas a actividades de formación e asesoramento para mellorar o talento endóxeno do autónomo/a ou empresa consolidada, e potenciar as súas posibilidades de comercialización. O asesoramento e a formación programados estarán especialmente enfocados, entre outros, dentro dos sectores estratéxicos a abordar, o relevo xeracional no sector primario e todo o que rodea á ‘silver economy’ ou economía dos coidados.

RESULTADOS

  • Identificación de emprendedores en Lalín.

  • Identificación de empresas emprendedoras e innovadoras en Lalín.

  • Xeración de cursos e pílulas formativas específicas para emprendedores e ‘start ups’.

  • Visualización do talento existente entre foros de investidores.

Datos

inversión total
25.158,00 €
0%
FEDER
20.126,40 €
0%
concello
5.031,60 €
0%

NOTICIAS

‘LALÍN TALENTO’ APOIA E REIVINDICA AOS EMPRENDEDORES DO CONCELLO CUNHA XORNADA DIVULGATIVA SOBRE O ‘EMPODERAMENTO RURAL’

O Concello de Lalín, a través da actuación ‘Lalín Talento’, reunirá o vindeiro xoves 14 de outubro a emprendedores da contorna con refutada vagaxe empresarial para que dean a súa visión de negocio no rural.

GRAN RESPOSTA DA CIDADANÍA NA INSCRICIÓN DAS XORNADAS DE EMPRENDEMENTO DO PROGRAMA LALÍN TALENTO

O Concello de Lalín recibiu xa a petición de inscrición de máis dun cento de persoas para as xornadas que está a impulsar a través do programa Lalín Talento, un proxecto de incentivación do emprendemento ao abeiro da estratexia DUSI Ssuma21.

O CONCELLO APOSTA POLO EMPRENDEMENTO LOCAL NUNHAS XORNADAS DIVULGATIVAS DE APOIO AO TECIDO ECONÓMICO LALINENSE

A xornada, englobada dentro da actuación ‘Lalín Talento’, reunirá o vindeiro luns 4 de outubro a empresarios do ámbito da restauración na conferencia titulada ‘Empresa’